InicioNovas e AvisosEmpresasFormación e EmpregoEscola VirtualViñas e ViñosEconomía

Denominacións de Orixe galegas
Adegas
Viñas e viños do mundo
Paisaxes do viño
Refraneiro Popular  


O Viño e a Viticultura no Refraneiro Popular

  • A auga de San Xoán leva o viño e tolle o pan.
  • A cea de viño, almorzo de auga.
  • A chuvia en San Xoán tolle o viño e non dá pan.
  • A viña vella, amo novo.
  • Abade que foi monaquillo ben sabe quen bebe viño.
  • Algo ten a auga cando a bendicen ¡máis terá o viño cando o consagran!
  • Amigos da taberna, amigos da merda.Anque teño mala a perna be sei onde esta a taberna.
  • Ao pan, pan e a o viño, viño
  • Ao que bebe viño cheiralle o fuciño.
  • Auga por San Xuan, quita viño e non da pan.
  • Cando a formiga traballa, viño na parra.
  • Castigo de Deus lle veña a unha botella sin viño, a unha rapaza sin noivo e a unha pota sin touciño.
  • Cava fondo e terás anada dabondo.
  • Cáveme quen quixer e pódeme quen souper.
  • Con pan e viño ándase o camiño.
  • De mal viño non sae bo vinagre.
  • Día de San Martiño proba o teu viño.
  • Do tinto non me arrepinto, do blanco non me espanto, o Jaén veña tamén.
  • Maio come trigo e agosto bebe viño.
  • Mentres que auga teña o Miño no Ribeiro non faltara o viño.
  • Na noite de san Xoán, bebe viño e come pan.
  • Nin ola sin touciño, nin xantar sin viño.
  • O aceite das cepas cura moitas doenzas.
  • Ó amigo do teu viño non o queiras de veciño.
  • Ó bo taberneiro denantes de vender o viño bautizao primeiro.
  • O bo viño dase de beber en cristal fino.
  • O leite e o viño fan o vello mociño.
  • O que cava e bima fará boa vendima.
  • O que cava e bima, fai boa vendima.
  • O que non fuma nin bebe viño o demo o leva por outro camiño.
  • O que non ten casa, nin viña, nin leira, avecíñase onde queira.
  • O que se promete co viño, olvidase polo camiño.
  • O viño afoga a mais homes que o mar.
  • Ó viño das cepas vellas quenta as orellas.
  • O viño fíxose pos reis e a auga pos bueis.
  • O viño que é chispeiro, non precisa pregoeiro.
  • O viño tamén se fai de uvas.
  • Onde entra o beber, sae o saber.
  • Os homes son coma os viños: a idade agria ós malos y mellora os bos.
  • Pan de onte, carne de hoxe e viño de antano: saúde para todo o ano.
  • Poda curto e ara fondo, terás viño e pan dabondo.
  • Poda en xaneiro vendima no sombreiro.
  • Polo Pilar os nabos na terra e o viño a envasar.
  • Polo San Martiño abaldoa o teu viño.
  • Polo San Mateo vendima arreo.
  • Por Santiago xa pinta o bago.
  • Que chova que neve, quen ten sede bebe.
  • Quen en marzo non pode a súa viña, perde a vendima.
  • Quen non guste do viño, de Deus espere o castigo.
  • Quen troca odre por odre, algun deles ha de ser podre.
  • San Migueliño das uvas maduras, tarde me ves e pouco me duras.
  • Santiaguiño pinta o viño, San salvador pintao mellor. (Santiago 25 julio, San Salvador 6 de agosto).
  • Saúde, diñeiro e bo viño, e irme a gloria de camiño.
  • Se trona en xaneiro sube as cubas ó fumeiro.
  • Si queres coller bo viño pranta a viña cara o soliño.
  • Tabaco, viño e muller botan un home a perder.
  • Taberna sin xente ben pouco vende.
  • Uva mollada pra viño non val nada".
  • Vento, muller e fortuna, mudables coma a lua
  • Viña ó pé do camiño ten mal veciño.
  • Viño de viñas bellas, que ben te tomo e que mal me deixas.
  • Viño e amores, de vello os mellores
  • Viño e muller, danche a volta e póñente ó revés.
  • Viño quitado,bebelo ou tiralo.
  • Xamón e viño bello, estiran o pelexo.
Vitigal, O Portal da Viticultura- © 2004 http://www.vitigal.com